A Galea reivindica a cultura coa sexta Romaría dos Devanceiros

Lectura de versos, visita ao museo literario, ruta á aldea esquecida e voda celta integran o cartel


ribeira

Mañá • A Galea (Bealo, Boiro) • A partir das 12.00 horas • Un ano máis, e van xa seis, a festa do Primeiro de Maio será na Galea boirense unha reivindicación da cultural galega. Da man do veciño Guillerme Caxaraville levarase a cabo unha nova edición da Romaría dos Devanceiros, unha cita que busca exaltar o que os antepasados fixeron a prol da cultura, pero que quere ser tamén un punto de encontro para os barbanceses de hoxe preocupados por este eido. De feito, un xantar popular constitúe un dos eixos da xornada.

O ambiente empezará a deixarse notar no lugar ás 12.00, co son das bombas. Pouco despois chegará a primeira das actividades, consistente nunha lectura de versos e unha ofrenda floral. Xesús Santos interpretará un cantar de cego.

Arroupados por gaiteiros e cantareiras, os asistentes desprazaranse despois ao museo Primeiras Letras de Barbanza, unha sala fundada polo propio Caxaraville que atesoura primeiras edicións como as do lousamián Diego Cernadas de Castro ou as do rianxeiro Castelao.

Xantar e sobremesa

Despois do aperitivo literario chegará o momento do xantar, nunha carpa que se instalará no lugar e na que se servirán empanadas, polbo e churrasco. Sobre as 18.00 horas, a comitiva emprenderá o camiño cara a aldea esquecida de Abuín.

Antes de que chegue o momento da despedida, despois dunha festa con degustación de queimada incluída, repetirase a actividade introducida con éxito no programa o ano pasado: a celebración dun casamento seguindo o rito celta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

A Galea reivindica a cultura coa sexta Romaría dos Devanceiros