A lectora: Teresa Couto Valle

La Voz

BARBANZA

CEDIDA

26 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Pola tarde, e se é posible, ao carón do mar, nun lugar tranquilo.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Algúns coñecementos sobre a madurez emocional nas miñas inquedanzas, tamén depende do tempo. Escollo relatos curtos.

3. Que che achega a lectura? A liberdade de voar co pensamento dos autores deixándome emocionar e conmover con outros ollos, onde eu non podo chegar.

4. Os seus libros favoritos. Teño moitos. Por mencionar algúns: Contos, de Oscar Wilde; Cometas en el cielo, Dónde el corazón te lleve

5. Un xénero literario. A oratoria.

6. Un personaxe e un espazo literario. Balbino. Un rapaz da aldea. Compostela.

7. Que está a ler agora? La vida son dos días, entonces bésame, de Roberto Emanuelli.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Xerardo AgraFoxo e Susanna Tamaro.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Sendeirismo, antropoloxía social, baile e idiomas.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O castro de Baroña, un lugar máxico.