Ve a luz un libro con textos das promesas literarias

M. X. B.

BARBANZA

MARCOS CREO

Liñas compartidas recolle os textos realizados polas persoas que participaron nun obradoiro de escrita creativa que tivo lugar en Rianxo

21 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Auditorio de Rianxo • 21.00 horas • Barbantia volve a pechar a axenda cultural deste mes cunha cita que incluirá a presentación do libro Liñas compartidas. Trátase dun volume que recolle os textos realizados polas persoas que participaron nun obradoiro de escrita creativa que tivo lugar en Rianxo. No acto, que se desenvolverá o venres coincidindo cao saída á luz do suplemento 144 de A voz de Barbantia, estarán Adolfo Muíños, rexedor local; Patricia Torrado, da editorial Toxosoutos; Daniel Asorey, da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Antón Riveiro Coello, escritor que impartiu o seminario.

Da apertura e o peche musical encargarase Gloria Cespón Gey (frauta).