Tributo de Manoele de Felisa na Pobra aos poetas galegos

La Voz

BARBANZA

marcos creo

O concerto será no teatro Elma ás 21.00 horas

06 abr 2019 . Actualizado a las 12:23 h.

Hoxe • Teatro Elma (A Pobra) • 21.00 horas • Os versos de Rosalía de Castro, Castelao, Paz Andrade, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro ou Curros Enríquez soarán esta noite no auditorio pobrense. Acompañado da súa guitarra, Manoele de Felisa renderalle a súa particular homenaxe a estes e outros poetas galegos mergullando ao público nunha viaxe cronolóxica e máxica, que arranca cos vellos trobadores e se prolonga ata os bardos contemporáneos. O concerto é de balde e está promovido pola Concellería de Cultura pobrense.