As «Cousas de Pepe» chegan a Noia

M. X. B.

BARBANZA

cedida

O rianxeiro Anxo Muíños regresa cun novo libro, O alén dos barqueiros

05 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Biblioteca de Noia • 18.00 horas • O libro Cousas de Pepe, que o pasado fin de semana vía a luz en Esteiro, será presentado esta tarde en Noia. O volume, editado pola asociación O Xeito, compila relatos e pequenas pezas teatrais escritos por Xosé Agrelo Hermo. No acto, Rodrigo Molinos e Rosita Paz representarán algúns deses contos.

Hoxe?•?Auditorio de Rianxo?•?19.30 horas?• Publicou hai un par de anos o poemario Ulin e o autor de Taragoña Anxo Muíños regresa agora coa novela O alén dos barqueiros. É unha obra que xira ao redor da mitoloxía e do afán dun estudante por desvelar a través das lendas os misterios da vida, para plasmalos nunha tese doutoral. Hoxe será presentada en Rianxo.