Ana Romaní ingresará o vindeiro día 6 na Real Academia Galego

Lerá o seu discurso no coliseo Noela, onde Margarita Ledo se encargará de darlle resposta


ribeira

A escritora e xornalista de Noia Ana Romaní converterase o vindeiro día 6 en académica de número da Real Academia Galega. O ingreso terá lugar no marco dun pleno extraordinario público que terá lugar ás 12.00 horas no coliseo Noela. Pasará a ocupar a vacante que deixou Xohana Torres, un dos seus referentes literarios, cun discurso titulado Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas. Daralle resposta a académica Margarita Ledo.

Ana Romaní é unha figura imprescindible do xornalismo cultural e da poesía galega actual. A noiesa uniu ámbolos dous mundos con iniciativas que proxectaron a voz literaria na linguaxe radiofónica coas formas máis contemporáneas.

Como creadora literaria, é unha das escritoras indispensables do discurso poético que emerxeu nas dúas últimas décadas do século XX, preocupada sempre pola recuperación, desde a perspectiva feminista, das voces invisibilizadas pola historia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Ana Romaní ingresará o vindeiro día 6 na Real Academia Galego