Saía á luz o primeiro número de «A Voz de Barbantia»

Máis de 200 persoas se daban cita no auditorio de Ribeira para asistir á posta de largo


Tal día como hoxe, hai 14 anos, se presentaba o suplemento A Voz de Barbantia, un proxecto que impulsaron conxuntamente a asociación cultural do mesmo nome e La Voz de Galicia. Máis de 200 persoas se daban cita no auditorio municipal de Ribeira para asistir á posta de largo desta nova iniciativa, cuxo principal obxectivo era intentar sacar á luz todas as actividades e proxectos do sector cultural a través da prensa. O presidente de Barbantia naquel momento, Antón Riveiro, e o delegado de La Voz na comarca do Barbanza, Xosé Ramón Ares, foron os encargados de explicar os contidos que tería o suplemento, facendo fincapé especialmente nos espazos que se abrían para que os novos creadores puideran expoñer e publicar os seus traballos.

Fiel a estas directrices, A Voz de Barbantia sumou este mes o seu número 141, publicándose sempre a última semana do mes e coincidindo cun acto cultural promovido nos distintos concellos da comarca.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Saía á luz o primeiro número de «A Voz de Barbantia»