A música tradicional invadiu A Pobra

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Vinte agrupacións participaron no encontro que impulsou a asociación Eiradela

14 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Tocar, bailar e cantar todos xuntos. Esa foi a intención do encontro que tivo lugar onte na carpa municipal pobrense, e que estivo impulsado pola asociación Eiradela. Preto de vinte grupos procedentes de toda a comarca sumáronse a esta cita, na que tamén houbo distintos talleres artesanais de enfiado de colares ao xeito tradicional, así como de olería e cerámica.

Entre unha e outra actividade, fóronse sucedendo as actuacións das agrupacións Caramiñas, Lumieira, Os do Fondo da Barra, Tanxedoira, Andaina, Tahúme, Os Liantes, Aínda é Sedo, O Son das Ferreñas, Na Ristra, Bailadela, Xiada, Lumieira, Pedra de Baroña, Trécola, As Ferreniñas, Arrancadeira, Alén das Olas, Nunca é Tarde, A Gandaina, A Dorniña de Abanqueiro, e Pedra da Aroña.