Ramón Sampedro, a forza expresiva na escultura de Xosé Antúnez Pousa

manuel estévez

BARBANZA

cedida

Unha das obras feita en pedra que representan o escultor Xosé Antúnez Pousa, érguese no porto de A Guarda

12 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ten o taller no Mosteiro en terras de Tomiño. Unha das obras feita en pedra que representan o escultor Xosé Antúnez Pousa, érguese no porto de A Guarda, nas abas do monte Santa Tegra en honra dos mariñeiros que saen día a día a faenar alén mar. Igualmente en pedra ou en bronce esculpiu outros personaxes distinguidos que se espallan por aquí e acolá, inclusive en camposantos, sen esquecer o proxecto escultórico patente no santuario de San Campio de Lonxe en Figueiró.

O que fora alumno na Escola de Artes e Oficios de Vigo xunto con Silverio Rivas, de Manuel Torras, pintor que acaba de celebrar 106 anos na cidade olivíca, onde continúa a pintar, figura na Enciclopedia de artistas, editada por Nova Galicia, así como en numerosos catálogos colectivos e individuais en Galicia, Portugal e alén Miño.

Un deles o publicado pola Excelentísima Deputación de Pontevedra, con motivo dunha mostra individual en Soutomaior, en xuño do ano 2005, cita na que o artista nado na parroquia tomiñesa de Estás, rende homenaxe ao inesquecible Ramón Sampedro a través dunha peza de pequeno formato con liñas definidas e ocos feitos en pedra, unha forza expresiva e unha exquisitez inefable que fora exposta na sala do Castelo no monte do Viso, construído por Pedro Álvarez de Soutomaior.

Sen dúbida sería este un bo momento para amosala en terras do Barbanza, con motivo da celebración do 21 aniversario do pasamento de Ramón Sampedro, a quen o escultor do Baixo Miño quixo inmortalizar naquel momento.