Mariña mercante


Desde principios do século XX, o mar para as nosas terras non foi só un recurso produtivo, como a pesca ou o marisqueo. Tamén, a través da mariña mercante, foi un espazo de traballo industrial e de servizos. Nela estiveron enrolados miles de traballadores da costa galega. A mercante sempre foi unha emigración peculiar, na medida en que o contacto coas familias era un pouco máis habitual que na diáspora tradicional, e a vida itinerante do mariño, a súa convivencia durante semanas en barcos unicamente masculinos e en alta mar, acaba deixando pegada nel e nos seus.

A mariña mercante foi responsable do benestar económico da comarca. Non podemos entender hoxe o nivel económico de moitas familias, o urbanismo dos anos 70, 80 ou mesmo 90, sen as boas nóminas da mariña mercante e as plataformas petrolíferas. Supuxeron unha importante mellora do nivel de vida con traballos con frecuencia bastante máis dignos que os de terra.

Sen embargo, sorpréndeme como case ninguén xa se lembra desa importante parte da nosa memoria. Entre que os mariñeiros non son moi dados a revivir batallas da época (como aquela dun de Palmeira que se colou no pazo imperial de Tokio), e non pareceu interesar a escritores, xornalistas ou realizadores audiovisuais, polo que todo indica que as incribles historias da mariña mercante van camiño de desaparecer.

Só sobreviven (aínda que se van gardando nos faiados) aqueles souvenirs africanos, americanos ou asiáticos, de grandes bocas e ollos, que durante décadas adornaron as televisións das nosas salas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Mariña mercante