Os nacionalistas renderán a súa homenaxe anual a Castelao o vindeiro sábado

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, asistirá á ofrenda


Ribeira / La Voz

Como cada mes de xaneiro, coincidindo co aniversario do pasamento de Castelao, que se conmemora o luns, o BNG organizou un acto de homenaxe que desta volta de celebrará o vindeiro día 12.

Ao mediodía, no paseo da Ribeira e ante o busto do ilustre rianxeiro, farase a tradicional ofrenda floral, na que un ano máis participará a voceira nacional do BNG, Ana Pontón. Tamén está previsto que realice unha intervención o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, nunha cita que os frentistas adoitan aproveitar para dar inicio ao curso político.

Previamente aos discursos e á ofrenda floral que porá o punto e final á homenaxe, o rexedor adoita guiar un pequeno percorrido cultural polos puntos clave da vida de Castelao en Rianxo, cunha parada obrigada diante da vivenda familiar. Este ano, no que se cumpren 69 anos do pasamento do pai do galeguismo, está previsto que se repita este esquema, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Os nacionalistas renderán a súa homenaxe anual a Castelao o vindeiro sábado