Borranchos. Aproximación á obra de Valle-Inclán


Si o continente é maxestoso, tal e como corresponde a un edificio que comezou a construírse a mediados do século XVI, non menos impresionante é o que alberga no seu interior: a obra de Valle. Desde as primeiras edicións dos seus traballos ata o vestiario de actores e actrices que se puxeron na pel de Cara de Plata, Max Estrella, Don Farruquiño, La Pichona, etcétera, así como cadros dos artistas máis salientables non soamente do Barbanza, senón de toda Galicia que homenaxean ao incrible manco.

Fai vinte anos que o seu director, Antonio González Millán, por entón un garrido e lanzal mozo, construíu desde cero unhas xornadas culturais sobre o barbudo de afáns carlistas, e desde aquela continúa cun labor que permite observar desde diferentes prismas, a obra e época do irreverente mago da prosa. Especialistas debaten e desentrañan desde A Pobra do Caramiñal para o mundo os secretos nos que se inspiraba.

Nesta edición estaba e, sigue en activo, a exposición Borranchos, aproximación a obra de Valle-Inclán de Domingo Regueira. Un artista que a través das súas augadas en tinta en branco e negro entra dentro da obra do escritor pintando escenas e persoeiros, nalgúns casos debuxos con mans desfiguradas, expresións de espanto nas caras ou de desequilibrio nas miradas. Fai Regueira un exercicio inmenso do coñecemento da obra valleinclaniana, e cada debuxo ou pintura vai acompañado do desenvolvemento dunha escena que axuda a contextualizar o que se admira.

A serie recolle láminas do ciclo galaico de don Ramón, tal e como apunta Millán no catálogo da obra onde o artista palmeirán se recrea deseñando a escenografía de cada unha das obras escolleitas, véxase, Águila de Blasón, Sonatas, Jardín Umbrío, por nomear algunhas.

Non é Domingo Regueira un ningures no ámbito da arte, pero tampouco e alguén que se prodiga en exposicións. Desde o seu curruncho do fermosísimo porto de Palmeira, pinta, escribe, deseña, le, pero non expón. É, polo tanto, unha sorte o encontrarmos, de súpeto, cunha obra que o obriga a superarse, pois, entrar no universo do noso escritor non é doado e el faino, vese ben desde a admiración e o respecto, desde o coñecemento da obra e da creatividade que o empurra.

Formado na Escola Pablo Picasso de Artes e Oficios de A Coruña, dedicouse ao mundo da arte desde diferentes vertentes. Son coñecidos os seus orixinais mapas sobre a arqueoloxía no Barbanza, ademais doutras facianas onde se contempla unha etapa como ilustrador de textos.

A torre de Bermúdez ben merece unha visita para situarnos diante de dúas figuras: a de Valle e a de Domingo Regueira. Seguro que non defraudará a ninguén.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Borranchos. Aproximación á obra de Valle-Inclán