Roberto Amoedo: «Fóra do campo estou máis nervioso»

Líder en Segunda Galicia, recoñece que aínda queda moita liga en xogo


Roberto Amoedo (Pontevedra, 1983) é un vello coñecido dos terreos de xogo. Logo dunha vida ao máximo nivel, decidiu tomar as rendas do Mazaricos, conxunto no que exerce como adestrador e xogador. Líder en Segunda Galicia, recoñece que aínda queda moita liga en xogo.

-¿Que meta se marcan?

-O obxectivo é moi claro: a salvación. Loxicamente, agora que xa pasou media liga e estamos arriba gustaríanos pelexar polo título, xogar a fase de ascenso ou quedar o máis arriba posible. Queremos estar no grupo de cabeza ata o final.

-Sempre están nas quinielas para acadar o ascenso.

-Candidatos hai moitos. A competición está moi igualada. Dos seis que estamos arriba calquera que enlace uns cinco partidos gañados vai a estar ata o final para ascender.

-¿A quen ve máis forte?

-Sinceramente non cho podería dicir. Aínda non xogamos co Baíñas, pero co resto os encontros decidíronse por detalles. Todos teñen bos xogadores. O Volantes, que non estaba na quiniela inicial, reforzouse moito.

-¿Que fútbol lle gusta que faga o seu equipo?

-Este ano temos un conxunto con xogadores, tanto dentro como por banda, que son moi rápidos e con moita calidade. Contra os conxuntos de arriba, que hai varios mellores que o noso, renunciamos un pouco máis á posesión para saír rápido ao ataque.

-¿Está entrando no once?

-Estou lesionado, pero gústame estar dentro do céspede. Fóra do campo estou máis nervioso.

-¿É fácil sacar a algún futbolista?

-Os xogadores de por si son egoístas, pero respéctanche.

-¿Como viviu a fase de ascenso da tempada pasada?

-Foi unha experiencia que moitos xogadores non tiñan. Chegamos con baixas, o equipo non estaba para competir.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Roberto Amoedo: «Fóra do campo estou máis nervioso»