Sae á luz a orixe e o significado do nome de aldeas e parroquias de Muros

La Voz

BARBANZA

XAIME RAMALLAL

O especialista Vicente Feijoo ofrecerá esta tarde unha conferencia na aula Cemit da localidade

13 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Aula Cemit de Muros • 19.30 horas • O especialista Vicente Feijoo ofrecerá esta tarde unha conferencia en Muros para desvelar a orixe e o significado dos nomes das parroquias e das aldeas do municipio, ao tempo que explicará o funcionamento das novas ferramentas que existen para facilitar a recollida, a preservación e a difusión dos microtopónimos. A charla forma parte da campaña Toponimízate, emprendida pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

A iniciativa chegará nesta segunda edición a 15 municipios galegos que forman parte da rede de dinamización lingüística. Os asistentes ás conferencias terán ocasión de familiarizarse coa aplicación Galicia Nomeada, na que se está a traballar para a preservación e a difusión da microtoponimia a través da xeolocalización.