A sanidade


Fai pouco máis de tres décadas, o Consello Provincial de Minusválidos da Coruña, ao que Ambar pertencía, organizaba anualmente no pazo de Mariñán unhas xornadas para o estudo do problema da discapacidade en Galicia coa finalidade de elevar as súas conclusións ás autoridades competentes. Lembro que entre os convidados que máis impacto nos produciu foi unha delegación catalá que nos amosou algunha das actuacións que a sanidade pública levaba a cabo naquela comunidade que, por ser envexables, decidimos que tamén a Xunta debería reivindicar as competencias en materia sanitaria.

Facendo unha mirada retrospectiva, e despois de que Aznar xeneralizase a descentralización da sanidade en toda España, decátome do trabucados que estabamos naqueles intres. Malpocadamente podiamos nós, revolucionarios da loita pola igualdade, albiscar que iso ía ser, precisamente, o comezo da fin do sistema sanitario español porque, por moito que a nosa esquerda política o pretenda agochar e a nosa dereita política non o saiba (ou non o queira) explicar, o noso modelo sanitario vixente é insostible e, por ende, xa está en creba.

¿Chegados a este punto debemos asumir, como case sempre asumimos cando en materia de servizos públicos se trata, que a sanidade neste país vai deixar de ser un dereito universal inalcanzable? Hai dúas respostas posibles, inalcanzable se non se corrixe a súa maltreita derrota actual, pero arranxable virando, cun forte golpe de temón, noventa graos a estribor que faga posible a súa liberalización. Algo tan serio non pode seguir en mans de funcionarios e políticos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A sanidade