Maximino Pérez leva ata A Pobra a historia de Mino

La Voz

BARBANZA

cedida

O acto está organizado pola Asociación Cultural Barbantia

29 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Mino é un pequeno fedello, un rapaz moi inquieto que nin os seus pais, nin os seus mestres conseguen endereitar. O escritor lousamiano Maximino Pérez elixiu a este singular personaxe para protagonizar o seu libro infantil titulado Onde está a miña escola? Mino, que mañá presentará na librería Ler de A Pobra. Ademais do autor, tamén participará no acto a vicepresidenta da Asociación Cultural Barbantia, María Xesús Blanco, o representante de HFD Editorial José Ramón Romero, e o libreiro Cipriano Pose.

A actividade está organizada por Barbantia e coincidirá coa publicación do suplemento cultural A Voz de Barbantia en La Voz de Galicia. Ademais, os socios da entidade terán dispoñible unha urna para poder votar aos gañadores dos Premios Barbantia da Cultura 2018.

Mañá • Librería Ler de A Pobra do Caramiñal • 20.30 horas • Entrada libre •