Infraestruturas e equipamentos concentran as inversións nun concello en crecemento

Os núcleos rurais son destinatarios dun importante volume de actuacións


Son máis dunha trintena os recintos de xogos nos que se ten intervido para acondicionalos e renovalos completamente, ademais da creación de novos equipamentos coma o parque multiaventuras de Praia Xardín.

Unha das xoias da coroa do patrimonio boirense é o pazo de Goiáns, para o que, ademais dun investimento dun millón de euros, se prepara una plan director.

O de Cabo é o porto máis importante en descarga de mexillón e o obxectivo é que conte cunhas instalacións á altura. Neste mandato completouse a instalación dos pantaláns para os mariscadores.

Parques infantís

Renovación total para os cativos

Pazo de Goiáns

Un plan director para a xoia da coroa

Porto de Cabo

Unhas instalacións á altura do peirao

Boiro é o segundo municipio máis importante da bisbarra en canto a poboación e en canto a capacidade económica para desenvolver numerosos e importantes proxectos, e iso nótase á hora de falar das actuacións desenvolvidas nos últimos anos. Certo é que a crise económica tamén afectou á posta en marcha de obras públicas en terras boirenses, pero non cesaron, e nos últimos meses recuperouse o ritmo inversor con infraestruturas básicas e equipamentos sociais e deportivos como eixos das iniciativas emprendidas.

No tocante aos equipamentos, comeza a evidenciarse na posta en marcha de novas propostas formativas o necesario empurrón que se deu ao edificio que dá cabida ao viveiro de empresas e centro de formación no polígono de Espiñeira. Foi preciso realizar unha importante inversión para rematar as instalacións, pero neste momento está preparado para impartir cursos que tratan materias tan diversas como a atención sociosanitaria, a hostalería, a informática ou tarefas forestais. Todo coa mirada posta en ofrecer ferramentas que favorezan a inserción laboral dos veciños de Boiro.

Outro sector fundamental para a economía boirense é o mar, e neste campo tamén se teñen realizado importantes investimentos, sobre todo para mellorar as instalacións do porto de Cabo de Cruz. A Xunta ten reservada unha partida de dous millóns nos orzamentos do vindeiro ano para a instalación dos pantaláns destinados ás embarcacións dos bateeiros, unha intervención que xa está adxudicada, ao igual que a mellora dos embarcadoiros na dársena de Escarabote.

Novos servizos

No que respecta ás infraestruturas, o avance máis importante ten que ver coa renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga e, sobre todo, coa instalación destes servizos en núcleos rurais aos que, por exemplo, aínda non chegaba a auga da traída municipal. Neste sentido, veuse satisfeita unha histórica demanda dos veciños de Bealo, mentres que noutros lugares realizáronse traballos de urbanización e asfaltados que había tempo que se agardaban.

No que respecta á atención ás zonas rurais, tamén se dotaron de novos equipamentos destinados ao lecer dos máis pequenos. Por parte do Concello púxose en marcha un plan de parques infantís que permitiu a renovación completa dunha trintena de recintos de xogo en todo o municipio. Tamén se acondicionaron pistas deportivas, un ámbito no que está pendente a construción da nova sede do club de remo crucense.

A pesares de que o proxecto non puido desenvolverse este ano, estase a tramitar. En canto se teña elaborado o informe definitivo, poderá licitarse unha obra que conta cun orzamento de execución fixado nun millón de euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Infraestruturas e equipamentos concentran as inversións nun concello en crecemento