As «Letras ao camiño» do Ferrado seguen a súa xira pola comarca

La Voz

BARBANZA

cedida

A exposición referida aos escritores homenaxeados polo Día das Letras entre 1973 e 1982 recala estes días en Ribeira

20 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación O Ferrado de Asados vén de desembarcar en Ribeira con Letras ao camiño, a exposición dedicada a lembra e loar a figura de dez autores honrados no Día das Letras Galegas. Os paneis que estes días engalanan a biblioteca da cidade recollen a traxectoria daqueles autores que foron homenaxeados no período comprendido entre 1973 e 1982. Trátase, entre outros, de Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Luis Amado Carballo, Alfonso X O Sabio, Antón Vilar Ponte e o rianxeiro Manuel Antonio.

A colección permanecerá a disposición dos veciños de Ribeira ata o vindeiro día 28. Xa a finais do ano pasado, a biblioteca de Ribeira acollera unha mostra similar, pero que estaba dedicada aos escritores homenaxeados no Día das Letras entre 1963 e 1972. A exposición actual está integrada por unha ducia de paneis con imaxes, datos biográficos e citas das obras.