«Chegará o día no que haxa fusións de pósitos»


Levar 12 anos ao fronte da confraría e a súa larga experiencia na federación provincial, dado que antes de ser presidente xa formaba parte da executiva, permítelle ter unha visión ampla da situación do sector.

-As limitacións para pescar e as oscilacións dos prezos fan difícil a subsistencia de moitas confrarías, ¿podería ser aconsellable a fusión en algúns casos?

-Algunhas deberían unirse porque lles iría mellor, pero á xente cústalle facer cambios. Hai varias que teñen moi poucos socios e é moi difícil sobrevivir. Penso que chegará o día no que haxa fusións de pósitos. Este tema xa se ten abordado nalgunha ocasión, pero a xente quere aguantar.

-¿O acceso a actividade pesqueira é cada vez máis complicado?

-Hai que facer cada vez máis cursos e a oferta destes tampouco é tan ampla. Pasa moito tempo desde que unha persoa empeza ata que pode sacar o permiso para embarcar. Ademais, cada vez poñen máis taxas, a dos faros, a de reciclaxe, e máis normativas. Todo iso implica gastos.

-Vostede participou hai unhas semanas nunha reunión do consello consultivo da UE que tivo lugar en Cádiz, ¿que asuntos abordaron?

-Había representantes de España, Francia e Portugal. No consello fanse propostas. Tratouse sobre o regulamento de control e do decreto de artes, entre outros.

-¿Que opina dese intento por controlar á flota mediante a instalación da chamada caixa azul?

-Iso supón outro gasto máis. Pretenden ter un control total sobre as embarcacións. A que hora chegan, como transmiten os datos e que o fagan no mar, algo ao que ata agora non estaban obrigados. Tratan de complicar cada vez máis o labor dos profesionais.

-¿E a mina do Touro?

-Non creo que se leve a cabo. É un risco porque se pasara algo as verteduras acabarían na ría. Os que estamos nas confrarías temos que defender o noso e procurar que non ocorra nada que poña en perigo a actividade. Con respecto a ese proxecto imos estar vixiantes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Chegará o día no que haxa fusións de pósitos»