A entidade reforzou o seguimento dos bancos marisqueiros muradáns

La Voz

BARBANZA

18 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

pATRÓN MAiOR

Daniel Formoso Moledo. Forma parte do colectivo de empresarios e leva máis de 12 anos como patrón maior da confraría de Muros. Ao mesmo tempo, preside a federación coruñesa.

Xunta xeral

Formada por 16 membros. Do colectivo de empresarios forman parte Primitivo José Pedrosa, que é o vicepatrón maior segundo; José Ricardo Piñeiro, Juan Caamaño, David Otero Fernández, José Ramón Carou, Juan Ramón Mayo, Francisco Lestón, Albino Rebollido. No grupo de traballadores, os representantes son Adela Lestón, vicepatroa maior primeira e presidenta do colectivo de mariscadoras de a pé; Juana Fernández Sestayo, José Antonio León, María Josefa Rama, Rosa María Riomaior, José Manuel Abadín, Diego Vázquez Maceiras, Araceli Búa.

Socios

Un total de 193. A entidade ten 193 socios, dos que 71 pertencen ao colectivo de marisqueo a pé.

facturación

Ano 2017. A confraría tivo unha facturación bruta o pasado exercicio duns 2.200.000 euros.

Traballadores

Un equipo de 11 empregados. O cadro de persoal está formado por 11 persoas, das que catro son vixiantes e, outras tantas, traballan na lonxa. Nas instalacións xerais hai tres, unha das cales é a bióloga.

A actividade marisqueira ten cada vez maior peso na confraría de Muros que, ademais, mantén acordos coa de Noia para levar a cabo plans de explotación conxuntos que están a dar moi bos resultados. Un dos exemplos é o caso da praia de Esteiro, na que traballa xente de ambas entidades. O patrón maior explica que se reforzou a vixilancia «porque hai moitos furtivos».

Entre as demandas da entidade para mellorar os seus servizos figuran a conversión da nave da antiga fábrica de xeo nun espazo que poida ser usado polos redeiros ou dependencias para a realización de cursos.

Tamén fixo xestións o dirixente do pósito para conseguir una rampla de descarga no peirao de Esteiro, unha solicitude que dende hai tempo tamén veñen facendo os profesionais do mar.