Barbantia xurdía para dinamizar a cultura

La Voz

BARBANZA

No disponible

A asociación era presentada en Boiro e tiña a Antón Riveiro Coello como presidente

13 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O centro social de Boiro daba cabida, hai 14 anos, ao acto de presentación de Barbantia, unha asociación que vía a luz co obxectivo de dinamizar o eido cultural. «Barbantia desexa ser un centro de ideas no que todos se sintan útiles e partícipes do proxecto», dicía o presidente, o escritor Antón Riveiro Coello. Engadía que a entidade nacía co fin de organizar exposicións, promover debates, levar a cabo presentacións de libros e argallar encontros ao redor da literatura: «A nosa achega non será para competir, senón para compartir e completar os baleiros culturais que hai en Barbanza».

Barbantia non tardou en erixirse como a gran asociación cultural da comarca. Como citas fixas ten actualmente unha presentación, case sempre literaria, o último venres de cada mes, que coincide coa saída á luz do suplemento A voz de Barbantia. Pero a entidade promove outras moitas actividades ao longo do ano, desde a edición de libros ata homenaxes a escritores e mesmo un concurso literario.