A mellora das carencias que ten a rula é unha das demandas

La Voz

BARBANZA

09 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha das demandas da confraría de Lira aos responsables da Consellería do Mar é a mellora das carencias que ten a rula. O patrón maior explica que a estrutura da cuberta amosa indicios de corrosión e considera que debe arranxarse antes de que os problemas vaian en aumento.

Ao mesmo tempo, o dirixente da entidade explica que a propia construción precisa dalgúns retoques. Mariano Lago Louro comenta que o edificio non ten demasiados anos, sobre dez, pero cre que o problema pode radicar nos materiais empregados.

Polo que atinxe a outras necesidades do peirao, Lago Louro indicou que sempre que xorde algunha necesidade transmítenlla á Administración e que, polo momento, sempre recibiron unha resposta axeitada.

O seu propósito é manter e, incluso, aumentar, o número de socios da entidade.