A mostra do Ferrado «Letras ó camiño» chega á vila noiesa

La Voz

BARBANZA

marcos creo

A exposición busca achegarlle aos veciños a obra dos escritores aos que lles foi dedicado o Día das Letras Galegas nas súas dez primeiras edicións

07 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Toda esta semana e ata o vindeiro mércores poderase ver, na casa de cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, a mostra Letras ó camiño, promovida pola asociación rianxeira O Ferrado. A exposición, que xa percorreu boa parte das localidades barbancesas, busca achegarlle aos veciños, desde unha perspectiva actual, a obra dos escritores aos que lles foi dedicado o Día das Letras Galegas nas súas dez primeiras edicións. Autores como Rosalía de Castro, Castelao e Curros Enríquez comparten protagonismo con outros menos coñecidos, como Añón ou Lamas Carbajal.