Os rianxeiros lembran ao galeguista de Ribeira Manuel Lustres Rivas

Os participantes na homenaxe reuniranse no paseo da Ribeira, a carón do busto do seu amigo Castelao, para ler o texto Que ben sona a gaita, que aparece no ensaio Pandemonium


Sábado • Paseo da Ribeira (Rianxo) • 12.00 horas • Naceu e viviu en Ribeira, pero Manuel Lustres Rivas será homenaxeado este sábado na veciña vila de Rianxo. Agrelo de Isorna é o promotor da iniciativa, que se fixo coincidir co 82º aniversario do pasamento do político, xornalista e escritor que foi vítima da represión do bando franquista durante a Guerra Civil. «Foi paseado coma moitos nacionalistas galegos polas súas ideas», sinala o organizador do acto.

Os participantes na homenaxe reuniranse no paseo da Ribeira, a carón do busto do seu amigo Castelao, para ler o texto Que ben sona a gaita, que aparece no ensaio Pandemonium, publicado por Lustres Rivas no ano 1917.

En caso de chuvia, os actos desenvolveranse no interior do auditorio municipal. Agrelo quere así saldar unha pequena parte da débeda que Barbanza ten co ribeirense.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Os rianxeiros lembran ao galeguista de Ribeira Manuel Lustres Rivas