As 117 caricaturas de Siro López sobre a Constitución Española chegan a Ribeira

A exposición será inaugurada este vernes e permanecerá a disposición do público, no Lustres Rivas, ata o vindeiro día 26


Venres • Centro cultural Lustres Rivas (Ribeira) • 21.00 horas • O camiño á Constitución nas caricaturas de Siro é unha exposición promovida pola Deputación da Coruña co fin de conmemorar as catro décadas da Carta Magna. Nela, o debuxante ferrolán fai unha viaxe, a través de 117 ilustracións que foron publicada en La Voz de Galicia, pola época da Transición. A colección desembarcará este venres no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira, onde permanecerá a disposición do público ata o vindeiro día 26.

O rei Xoán Carlos, Santiago Carrillo, Adolfo Suárez, Manuel Fraga ou Xerardo Fernández Albor son algunhas das históricas personalidades retratadas baixo a particular mirada de Siro López nesta serie, para trazar un percorrido que comeza coa morte de Franco e remata coa vitoria de Felipe González nas eleccións de 1982.

Ese relato do debuxante articúlase en 117 debuxos reproducidos en formato A3 e acompañados de textos explicativos, que forman parte dunha serie de máis de 200 viñetas que La Voz de Galicia publicou baixo o título A transición en imaxes. A exposición estará percorrendo as diversas localidades de Galicia ata febreiro do 2019, cando fará a súa derradeira parada en Ferrol.

Ao longo da súa estadía en Ribeira, a colección poderá ser visitada de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e entre as 19.00 e as 21.00 horas. O Lustres Rivas tamén abre os sábados Mantén o horario de tarde e retrasa a apertura de mañá ás 11.00.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

As 117 caricaturas de Siro López sobre a Constitución Española chegan a Ribeira