Axeitos ingresaba na Real Academia Galega

Rianxo volvía a ter representación na institución 21 anos despois da morte de Rafael Dieste


Tal día coma hoxe do 2004, 21 anos despois da morte de Rafael Dieste, Rianxo volvía a ter representación na Real Academia Galega. Xosé Luís Axeitos ingresaba na institución no transcurso dun acto que tiña lugar na casa consistorial primeiro e no pazo do Viturro, en Rianxiño, despois. Ata a vila desprazábase o entón presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro.

Un dos momentos máis emotivos da xornadas vivíase cando o rexedor local daquela, Pedro Piñeiro, lle impoñía a Axeitos a enxeña de ouro do Concello. Así o decidira a corporación local días antes, tendo en conta a traxectoria do escritor, tanto a súa cátedra en Lingua e Literatura Galega como as publicacións que sacara á luz e a participación nun feixe de congresos. Honestidade, integridade, compromiso e xenerosidade eran algúns dos cualificativos que figuraban no acordo plenario.

Xesús Alonso Montero foi o encargado de darlle a benvida á Real Academia Galega ao intelectual de Rianxo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Axeitos ingresaba na Real Academia Galega