«Esta non é unha guerra de cotas, é unha batalla socioeconómica»


O patrón maior é o representante da Federación Provincial de Confrarías para a flota do cerco e forma parte da executiva coruñesa, polo que coñece ben os problemas das cotas ou a normativa sobre descartes que entrará en vigor no 2019.

-A presión sobre o sector coas cotas é cada vez peor.

-O que buscan desde a UE é cortarnos a nós o peixe para poder introducir o seu. Hai especies que se recuperaron e non aumentan o tope. Non é normal ter unha flota pescando dez días ao ano cando o mar vai cheo de peixe. Á xarda, este ano, fomos 13 días. Non poder pescar é un problema moi grande para calquera confraría. Esta non é unha guerra de cotas, é unha batalla socioeconómica. Eu estiven coa delegación europea que veu aquí e mostrámoslle o noso modo artesanal de traballo e recoñeceron que necesitabamos máis cupo, pero nada.

-E, por riba, a nova imposición sobre os descartes.

-Se iso entra en vigor o 1 de xaneiro vai ser a ruína, acabaría coa nosa flota. Os barcos terían que amarrar porque se levan artes que poidan coller unha especie da que haxa paro biolóxico non poden saír faenar. Os barcos de baixura non practican unha pesca dirixida, pero nas artes que usamos pode entrar calquera especie peláxica, que son as que máis problema teñen.

-¿Estase mercantilizando a actividade?

-Estase comprando cota a barcos aos que lles sobra ou que non a usan, o máis xusto sería que chegara para todos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Esta non é unha guerra de cotas, é unha batalla socioeconómica»