Títeres Cachirulo representa en galego unha farsa de Valle-Inclán

La Voz

BARBANZA

BASILIO BELLO

As catro funcións que haberá entre hoxe e mañá están dedicadas aos alumnos dos colexios Pilar Maestú e Salustiano Rey, así como aos usuarios da Creba 

25 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Teatro Elma (A Pobra) • 10.20 e 12.00 horas • A compañía Títeres Cachirulo súmase á vixésima edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán representando en galego unha das súas farsas: A marquesa Rosalinda. As catro funcións que haberá entre hoxe e mañá están dedicadas aos alumnos dos colexios Pilar Maestú e Salustiano Rey, así como aos usuarios da Creba.

É a primeira vez que unha compañía de teatro ofrece unha versión en galego deste texto, un enredo de amoríos e trasnadas que se desenvolve no marco dunha montaxe áxil de moderna.