Ruta polos recunchos da Pobra que foron fonte de inspiración de Valle-Inclán

La Voz

BARBANZA

DANI GESTOSO

Antonio González exercerá de guía nun itinerario incluído nas xornadas de homenaxe ao creador do esperpento

24 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Torre de Bermúdez (A Pobra) • 17.30 horas • A homenaxe que se lle vén tributando na Pobra a Valle-Inclán continúa cun itinerario guiado por Antonio González, o director do museo local, bautizado como ruta biográfica e literaria. O percorrido foi deseñado a partir de citas literarias e de declaracións xornalísticas feitas polo propio escritor sobre a súa presenza na vila pobrense e na súa contorna. «É unha ruta para divulgar as novidades valleinclanianas e para que os participantes coñezan os vínculos humanos, as fontes de inspiración artística, as afinidades e os desacougos daquel que quixo ser señor do Caramiñal», explicou o propio González Millán.

Os interesados en sumarse a esta actividade, que serve de complemento ao itinerario que se levou a cabo por Santiago, teñen que inscribirse na torre de Bermúdez (981 831 662).

Tamén no marco destas xornadas se presentaron na Pobra os dous últimos números da revista Cuadrante.