Felipe Senén López contestará no Noela o discurso de Soledad Penalta

La Voz

BARBANZA

ANGEL MANSO

A escultora barbancesa ingresará na Real Academia Galega de Belas Artes cun discurso titulado Cal é a carga precisa da pregunta?

23 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado • Coliseo Noela (Noia) • 18.00 horas • A escultora Soledad Penalta pronunciará este sábado o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes. A creadora noiesa lerá un texto titulado Cal é a carga precisa da pregunta?. Trala súa intervención collerá o relevo, en nome da corporación, o académico Felipe Senén López Gómez, membro numerario da sección de arqueoloxía e museoloxía, elixido pola propia escultora para que se encargue da consabida contestación.

Soledad Penalta foi elixida membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes na sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de maio. Esta institución, fundada no ano 1849, está dedicada á salvagarda e promoción das artes e, por conseguinte, do patrimonio cultural de Galicia. A candidatura da noiesa foi trasladada polos escultores Manolo Paz, Ignacio Basallo e Acisclo Manzano.