Óscar Leis: «Fáltanos acertar cara ao gol»

Unha longa traxectoria no fútbol da Costa dálle a Óscar Leis (Lariño, 1976) pouso dabondo para valorar a saúde que goza o deporte rei na comarca


Unha longa traxectoria no fútbol da Costa dálle a Óscar Leis (Lariño, 1976) pouso dabondo para valorar a saúde que goza o deporte rei na comarca. Tampouco se esconde á hora de falar do Monte Louro, equipo no que afronta a súa terceira tempada como técnico, cargo que compaxina coa coordinación do Dumbría.

-¿Cal é a meta do Monte Louro?

-A principal é salvar a categoría, facelo o antes posible, xa que na segunda volta as cousas complícanse un pouco máis. Tivemos un inicio bo, a pesar de que nos tocou enfrontarnos a algúns dos mellores conxuntos da liga. Na casa faltounos marcar. Estamos xerando ocasións, pero non terminamos de materializalas e o rival cando chega á nosa área fáinolo pagar.

-¿A que achaca a falta de gol?

-O calendario foi moi duro nestes meses, con Zas, Muxía, Baíñas, Corme, Mazaricos. Son clubs que rematarán arriba. En Corme non nos entrou nada e por enriba en varias xogadas puntuais o árbitro mirou cara outro lado. Tivemos un penalti claro que supoñía a expulsión do seu porteiro e non sinalou nada. Así aínda é máis difícil.

-As lesións tamén afectaron.

-Houbo mala sorte. A ver se vamos recuperando efectivos.

-¿Que Monte Louro quere se vexa sobre o céspede?

-Temos xente na faceta ofensiva de calidade. Iso motiva que busquemos elaborar para que eles definan. Tratamos sempre de xogar, de chegar arriba combinando, aínda que hai que adaptarse ao rival. Agora estamos tranquilos, xeramos, pero fáltanos acertar cara ao gol.

-¿Como valora a Liga da Costa de Segunda Galicia?

-É unha división moi igualada, na que podes gañar e perder en calqueira campo.

-¿E o fútbol muradán?

-Para nós é positivo. Ao fin e ao cabo dálle aos partidos un aliciente de rivalidade que axuda á hora de vender entradas e na motivación dos xogadores.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Óscar Leis: «Fáltanos acertar cara ao gol»