A asociación Barbantia ofrece unha viaxe polo universo poético galego

Carlos Lorenzo estará o venres en Boiro para presentar o documental Vértice de versos


Venres • Centro social de Boiro • 20.30 horas • A cita mensual de Barbantia chega con novidades. A asociación pásase nesta ocasión ao eido audiovisual para presentar o documental Vértice de versos. É unha longametraxe na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. Neste traballo participaron críticos, editores e o propio colectivo de escritores, que explican o que pasou nos últimos 25 anos neste vértice xeográfico. Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermo achegan a súa visión nesta produción.

 

O director deste documental, Carlos Lorenzo, estará o venres en Boiro para presentar o traballo. Xunto a el intervirán Milagros Torrado, secretaria de Barbantia; Alberto García, director do centro social boirense; e Juan José Dieste, rexedor local. O acto coincide coa publicación do número 138 do suplemento A Voz de Barbantia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A asociación Barbantia ofrece unha viaxe polo universo poético galego