Lusofonía

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

23 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Podería presumir Núñez Feijóo de «para galego, eu»? Depende, pero do que si pode alardear é de ser tan lusofónico coma quen máis e con esas cousas hai que ter moito coidado, non sexa como que Artur Más pediu integrar Cataluña na Organización Internacional da Francofonía. Estoume a referir á declaración do Parlamento galego do pasado día 9, promovida polo BNG, de que Galicia se integre como membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa -CPLM-, creada en 2016.

Non cabe dúbida de que os galegofalantes comunicámonos oralmente bastante ben coas persoas de fala portuguesa, pero cousa moi distinta é que se pretenda integrar a gramática de Alfonso X o Sabio na de Luís de Camoens, o que non empece, incluso é aconsellable, incorporar no ensino a materia de portugués tendo en conta que xa se considera a terceira máis falada, que non escrita, no mundo.

Lembro que o meu mestre de filosofía insistía en que non é o mesmo declararse galegófilo que galeguista. Era nos tempos do franquismo e eu entendino. Pero lean e opinen: «O reintegracionismo (galego) é um movimento cultural, além de linguístico, que sustenta o facto de o galego pertencer à língua portuguesa. Ou seja, as falas galegas fazem parte do mesmo diassistema linguístico, padronizadas em Portugal e no Brasil, às quais caberia acrescentar outra galega, ainda em processo de elaboração» (Fonte: Wikipédia). Isto non son inocentadas, senón consecuencia de que o Parlamento galego, con maioría do PP, aprobou a lei 1/2014 «para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía».