Festa nacional, xa!


Hai dous acontecementos que me producen unha especial emoción: a procesión do Nazareno da Pobra e o desfile das Forzas Armadas co gallo da celebración do 12 de outubro; se ben tamén teño que confesar que son algo sensible, pero no deste ano notábase que había un algo especial, como se fose un afloramento dun sentimento patrio pouco frecuente neste país preñado de contradicións e pelexas.

Persoalmente gustaríame que tamén celebrásemos o noso Día da Festa Nacional de España, coincidindo con esa data tal como establece a Lei 18/1987, dun xeito semellante co Thanksgiving Day norteamericano e canadense ou o Dia de Ação de Graças brasileiro, porque conformaría unha celebración máis popular e participativa, umbilicada coas distintas paradas nos desfiles, tanto militares como civís, un día de afirmación nacional que antes coincidía co Santiago Apóstolo. Certo que entre nós agora o pavo deixou de ser tradicional ata no Nadal, pero poderiamos acuñar como símbolo gastronómico do evento un derivado da mascota da Lexión, o cabrito, todo un manxar!, co que ata poderiamos estar incentivando o seu pastoreo nos nosos montes como preventivo dos lumes.

Como manifesta neste xornal o capitán da Garda Civil de Noia, José Manuel Leis: «Este es un día de fiesta para nosotros, pero también es un día de hermanamiento y de aproximación a la sociedad, para acercarles nuestro trabajo diario y agradecerles su colaboración». Imaxinémonos por un momento a fermosura de que, polo menos unha vez cada ano, puideramos esquecernos dos estereotipos que algúns teñen destes servidores públicos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Festa nacional, xa!