Francisco Fernández Davila recolleu o premio literario Antón Avilés de Taramancos

La Voz NOIA / LA VOZ

BARBANZA

marcos creo

O escritor nigranés presentou unha novela ambientada na época castrexa

07 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha novela ambientada na época castrexa, na que se fala da busca da identidade galega, foi a gañadora deste ano do Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. O nigranés Francisco Fernández Davila foi o encargado de dar vida aos personaxes desta obra, que bautizou co título de Alana, e que lle serviu para recoller onte o premio que entrega o Concello de Noia: un cheque de 3.000 euros, unha escultura conmemorativa firmada por Alfonso Costa e a publicación do libro por parte da editorial Toxosoutos.

O alcalde noiés, Santiago Freire, felicitou ao gañador, e confiou en que «este sexa o inicio unha prolífera traxectoria literaria». O edil de Cultura, José Pérez, quixo facer fincapé en que esta edición, a número dezasete, coincidiu co 850.° aniversario da fundación de la vila, e destacou a importancia deste premio, «que tamén gañaron dous noieses como Xosé Agrelo e Ramón Carredano».