Formada unha comisión para homenaxear a Plácido Betanzos

ribeira / la voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Os integrantes desta nova comisión daranse a coñecer o mércores, nun acto que terá lugar no centro cultural Lustres Rivas

30 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Son 14 as persoas que integran a comisión que vén de crearse en Ribeira para a organización dunha gran homenaxe a Plácido Betanzos. Trátase de veciños que tiveron unha estreita relación co político e escritor falecido o pasado mes de xuño e tamén de cidadáns representativos de diferentes eidos que foron fundamentais na súa vida, coma o ensino (tanto alumnado como profesorado), a cultura, a lingua ou o nacionalismo. Á fronte deste colectivo atópase Carmen García, que exercerá de voceira.

Os integrantes desta nova comisión daranse a coñecer o mércores, nun acto que terá lugar no centro cultural Lustres Rivas da cidade. Alí explicaranse os obxectivos que persegue o colectivo, así como as primeiras iniciativas que ten previsto poñer en marcha de cara a facer efectiva esa gran homenaxe a Plácido Betanzos que se viña reclamando desde diferentes sectores da sociedade ribeirenses.