Viaxe ao Porto do Son dos tempos da República a través de 600 páxinas

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

José Manuel Vázquez Lijó e Raúl Soutelo presentaron un volume que pretende ser unha crónica histórica e sentimental do municipio

27 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha crónica histórica e sentimental sobre o municipio sonense nos tempos da República. Así foi presentado o libro O Son que coñeceu Ramón Caamaño, un volume de 600 páxinas elaborado por José Manuel Vázquez Lijó e Raúl Soutelo que foi merecedor do premio Manuel Murguía de ensaio na súa undécima edición. Os autores do traballo agradeceron a colaboración dos herdeiros de Ramón Caamaño, fotógrafo de Muxía que estivera na vila a comezos do século XX, coincidindo coa escavación do castro de Baroña; e tamén de moitas familias do municipio que permitiron o seu acceso aos albumes persoais.

«É unha achega rigorosa á historia local mediante microhistorias persoais», explicou Vázquez Lijó.