Co director desta formación, Narci Rodríguez, a ribeirense ensaiou e arranxou o tema que interpretou en Recantos, unha canción de Víctor Manuel: «Aínda que non a coñecía anteriormente quedei contenta co tema. Iso si, teño que recoñecer que estaba nerviosa e que puiden facelo mellor»».
Sabe da dificultade que ten gañar un concurso no que concorren uns vinte participantes, pero considera que vivir a experiencia xa paga a pena: «É unha porta que se me abre para explorar e ver se podo seguir por este camiño. Tamén espero que me permita coñecer xente». Gustaríalle, como a calquera que se presenta a un certame, gañar ou obter un posto relevante, pero xa está satisfeita pola oportunidade que ten diante dela: «Participar xa é un paso adiante moi importante e gustaríame que este certame me abrira a posibilidade de mergullarme no sector audiovisual. Se non o consigo, seguirei dedicándome ao meu, que é o mundo da naturopatía. O único que quería era vivir unha experiencia divertida e saír da rutina».