Ve a luz un catálogo sobre as obras de artistas galegos que atesoura o museo de Artes

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

O encontro pechouse cun pequeno debate sobre a importancia do gravado

09 sep 2018 . Actualizado a las 21:15 h.

Existe, desde hai 17 anos, un volume que recolle a relación de obras coas que abriu as súas portas o Museo do Gravado de Artes, pero como desde entón, os fondos do centro non deixaron de medrar, facíase precisa unha actualización. E esta vén de chegar en forma dunha obra titulada Pegadas sobre o papel, que onte era presentada no marco do Encontro de creadores e creadoras no Barbanza. Trátase dun catálogo elaborado por Miriam Elena Cortés López, que clasificou máis de 700 pezas. Na relación de autores atópanse coñecidos nomes como Manuel Ayaso, Manuel Facal, Emilio Celeiro, Alfonso Costa, Manuel Dimas, Leopoldo Nóvoa e Luís Seoane.

Ademais da autora, o acto contou coa presenza da escultora Soledad Penalta; da concelleira de Cultura de Ribeira, Herminia Pouso; da deputada provincial Ánxela Franco; e do presidente de Barbantia, Manuel Cartea.

O encontro pechouse cun pequeno debate sobre a importancia do gravado, considerado como un estilo de arte menor, opinión que rebateron con argumentos de peso todos os participantes.