Unhas xornadas reivindican o valor do patrimonio arqueolóxico da Pobra

Causou sensación a intervención de Carlos Barros Guimeráns, un profesor da Universidade de Santiago de Compostela especialista na revolta irmandiña en Galicia

.

Ribeira / la voz

A través de catro conferencias, a primeira edición da xornada A Pobra do Caramiñal no tempo tentou onte reivindicar o valor do patrimonio arqueolóxico do municipio. A idea dos seus coordinadores, Manuel Gago e José Carlos Vidal, é que esta iniciativa teña continuidade no tempo e é probable que sexa así, pois espertou gran interese. O auditorio do museo Valle-Inclán, onde tiveron lugar as charlas, rexistrou un cheo e foi preciso desdobrar a visita guiada aos petróglifos da Pedra Leirada, á que se anotaron case un cento de persoas. Houbo unha primeira ruta onte pola noite e está previsto que teña lugar unha segunda o día 22, despois das festas en honor do Nazareno.

O propio Manuel Gago foi o encargado de abrir a quenda de intervencións, ilustrando ao público con algúns exemplos desa riqueza e variedade patrimonial que atesoura A Pobra. Referiuse, entre outras moitas cuestións, ás mámoas que a día de hoxe marcan os límites do municipio, despois de seren feitas hai seis mil anos.

Cambio na orixe das Mortaxas

Causou sensación a intervención de Carlos Barros Guimeráns, un profesor da Universidade de Santiago de Compostela especialista na revolta irmandiña en Galicia. Fixo unha exposición que supón a introdución dun cambio na coñecida lenda sobre a orixe da procesión das Mortaxas. O que se pensaba ata o de agora era que fora un alcalde da vila pobrense, Juan de Liñares, o primeiro en acudir ao desfile cun ataúde, despois de ofrecerse ao Nazareno. Pero o mestre desvelou que o tal Liñares non era rexedor local, senón o principal líder dos irmandiños nas terras de Santiago e a el se debeu o derrubamento do castelo do señor do Deán.

José Manuel Vázquez Lijó colleu despois o relevo para ofrecer unha viaxe á etapa dourada da navegación a vela no municipio, entre os séculos XVI e XVIII. Explicou como era a forma de vida na vila e cales foron os factores que motivaron o despegue do mundo do mar.

Ana Isabel Boullón Agrelo foi a encargada de pechar a primeira edición das xornadas de historia e cultura da Pobra. Fixo un interesante análise dos topónimos e antropónimos do municipio, parándose en aqueles máis coñecidos ou cunha orixe singular.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Unhas xornadas reivindican o valor do patrimonio arqueolóxico da Pobra