Luís Oujo: «Non queremos que a comisión quede con débedas ao lombo»

O alcalde sonense aborda a última gran celebración do municipio

.
M.G.

Despois dun intenso verán cheo de actividades, aos veciños de Porto do Son aínda lles quedan por diante as Festas do Carme antes de volver á rutina. Entre eles inclúese tamén o alcalde, Luis Oujo, que aínda que recoñece que nun cargo coma o seu non hai vacacións que valan, está disposto a gozar das celebracións sonenses ata o último día.

-Porto do Son despide o verán por todo o alto con cinco días de festa, ¿está preparado o alcalde?

-Teño que estar preparado, ademais creo que o tempo nos vai acompañar así que imos dalo todo. Esperamos que sexan unhas festas do agrado de todos, tanto dos veciños de Porto do Son coma de quen nos visita estes días. E quero agradecer o traballo da comisión de festas porque fixo un gran programa.

-¿Como se porta o Concello coa comisión e con estas festas?

-Sempre queremos que haxa unha comisión porque organizar isto non é doado e nós non temos tempo nin podemos estar todo o día pendentes das actividades que se realizan. Desde o día seguinte ao remate dunhas festas, a comisión xa comeza a traballar nas seguintes facendo moitísimas actividades para recadar fondos. Porque hai que dicir que estas celebracións do Carme teñen un orzamento de máis de 100.000 euros e reunilos non é fácil. Non hai máis que ver o programa e comprobar que as orquestras punteiras de Galicia están estes días en Porto do Son. Nós colaboramos en todo o que nos piden, e se os organizadores das festas non chegan a recadar o que precisan, o Concello faise cargo da diferenza, porque o que non queremos é que a comisión quede con débedas ao lombo encima de estar traballando durante todo o ano. Para iso estamos nós, para apoialos.

-¿Colaboran ben os veciños da vila nesa recadación?

-Moi pouca achega municipal imos ter que facer este ano porque a recadación foi moi ben, e iso haillo que agradecer aos veciños de Porto do Son que colaboran de distintos xeitos. Por exemplo, cando é a festa da tortilla, todos os restaurantes e incluso casas particulares aportan tortillas e empanadas, e iso tamén é unha mostra de que os veciños se involucran. Grazas a iso podemos facer unha programación coma esta.

-Falaba de que no Son estarán as mellores orquestras, pero haberá outra actividades paralelas ás verbenas.

-Hai torneos de fútbol para nenos, actividades acuáticas, os concertos das bandas de música... Cada unha das xornadas de festa está chea de propostas para maiores e para nenos. Están os días completísimos desde a mañá ata a noite, calquera pode achegarse a Porto do Son nas festas que non vai marchar desgustado.

-E ademais parece que o bo tempo vai acompañar.

-Iso é o máis importante, porque de pouco vale que organices todas estas actividades e estas festas se o tempo vén malo e non as podemos gozar. Xa tivemos un verán bo, especialmente no mes de agosto, e agora só pedimos que nos respecte un pouquiño máis.

«A recadación foi moi ben, e iso haillo que agradecer aos veciños»

LA VOZ DE GALICIA ESPECIAL sábado 08 de septiembre del 2018

L5

Festas do Carme de Porto do Son

Luis Oujo convida a veciños e visitantes a gozar das celebracións do seu concello FOTO C. Queijeiro

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Luís Oujo: «Non queremos que a comisión quede con débedas ao lombo»