Cúmprense 90 anos da chegada a Ribeira do Banco de La Coruña

A entidade converteuse en clave para o desenvolvemento económico da capital do Barbanza

.

O emblemático Banco de La Coruña abría a súas portas hai 90 anos en Ribeira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería a primeira que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer.

Posteriormente, o 18 de xaneiro de 1950, o banco compraría na entón Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol, unha casa de pranta baixa onde levantaría un novo edificio para instalar a súa oficina. Nesa mesma construción que aínda hoxe acolle o banco, estaría no seu primeiro andar ata 1975, o Círculo Mercantil e Industrial, entidade que este mesmo mes cumpre tamén 90 anos e que foi fundada polo valisoletano J. Antonio Martínez de la Devesa, con función de Cámara de Comercio.

O Banco de La Coruña foi absorbido a finais de 1970 polo Banco de Bilbao, compra que iría parella á apertura de novas oficinas ata ser hoxe o BBVA. O banco sería a entidade promotora do despegue económico de Ribeira na segunda metade do século vinte. Algúns dos seus históricos traballadores aínda son lembrados con agarimo polos veciños da cidade: Cores, Fernando, Cambeiro, Ramón, Arturo... etc.

Ao seu apoio financieiro débese por exemplo a posta en marcha de Frinsa, a maior das empresas do noso concello dirixida exitosamente por Ramiro Carregal e o seu equipo e que foi creada na década dos sesenta como fábrica de xeo polo Marqués de Revilla, o avogado Iglesias Corral, e a propia entidade herculina, amais doutros socios locais, pero esa é outra historia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Cúmprense 90 anos da chegada a Ribeira do Banco de La Coruña