Inauguración do Encontro de Creadoras e Creadores no Museo do Gravado

La Voz

BARBANZA

03 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O venres, ás 20.30, o Museo do Gravado de Artes vai ser escenario da apertura do Encontro de Creadoras e Creadores no Barbanza, no que participan máis de sesenta artistas de todas as disciplinas. Todos teñen en común que son barbanceses e expoñen a súas obras máis recentes. Aos habituais hai que engadir a incorporación de novos creadores. O sábado, no mesmo lugar, presentarase, ás 12.00, o libro Pegadas sobre papel. O gravado galego no Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes, de Miriam Elena Cortés López.