O coro luso Gulbenkian interpretará «A rianxeira»


Xoves 6 de setembro • Lisboa • O prestixioso coro luso Gulbenkian prepara un concerto no que Galicia será homenaxeada en tres temas. Un deles terá claro acento barbancés, pois tratarase dunha versión de A rianxeira, con arranxos do compositor local Iago Hermo. Esta proposta musical, da que tres pezas foron coordinadas polo mestre José Luís do Pico, ten como obxectivo render homenaxe aos diversos países e territorios de fala lusófona, polo que tamén haberá obras que evocarán a Brasil, Cabo Verde ou Angola.

A dirección deste espectáculo corresponderalle ao mestre adxunto do coro Gulbenkian, Jorge Matta. O Alalá de Muxía e Pídoche de favor que me veñas a ver completarán o tributo a Galicia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O coro luso Gulbenkian interpretará «A rianxeira»