Despedida con coloquios ao redor da literatura, música e danza

A cita literaria chega ao seu fin con un programa cheo de actividades


Hoxe • Praza Castelao (Rianxo) • De 12.00 a 14.00 e entre as 18.30 e as 22.30 horas • A Feiro do Libro que o xoves comezou en Rianxo chega ao seu fin cunha intensa xornada. En canto abran a ducia de postos que se atopan instalado na praza Castelao terá lugar a primeira das actividades, un faladoiro coa ilustradora Lara Torres Rodríguez e o escritor Héctor Pose Porto. Rematado este coloquio chegará o segundo, no que participarán membros da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares.

Para os máis pequenos tamén haberá despedida. Será ás 19.00 horas e correrá a cargo de Guagua, que ofrecerá varios pases de Na procura dos libros perdidos.

Nesta última xornada da Feira do Libro de Rianxo haberá algo máis que literatura. A música chegará ás 13.00 horas da man do Coro Saint Luc de Banabakintú e da danza encargarase a compañía irlandesa Dominic Graham School of Irish Dance, que contará coa colaboración especial da asociación local Vai de Roda.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Despedida con coloquios ao redor da literatura, música e danza