Os nacionalistas da bisbarra celebran o Día da Patria Galega

La Voz

BARBANZA

Os actos terán lugar hoxe no parque do Castelo da Pobra

21 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG celebra hoxe na Pobra o Día da Patria Galega. Os actos, aos que a formación invita a participar a todos os cidadáns, terán lugar na praza da Fonte do parque do Castelo. Ás 19.30 haberá un campionato de bolos celtas e xogos populares; ás 20.30, unha palestra feminista de Galiza Nova á que seguirá, unha hora despois, unha mexilloada de balde e un concerto con A Banda da Trastenda.