Ribeira lembra as orixe do encontro de embarcacións

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

A Sinjladura das Culturas, o Enjalanamento das Fanequeiras e o Dansing in the City, con tres cabinas de música disco, completan o cartel

20 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Ribeira • Todo o día • Hai 25 anos comezaba en Ribeira o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. A Real e Ilustre Cofradía da Dorna, impulsora daquela cita, conmemorará hoxe a efeméride con diversas actividades vinculadas á cultura mariñera, que van desde obradoiro na rúa de Galicia ata un pequena xuntanza de barcos no peirao. Ás 20.00 horas, na Porta do Sol, terá lugar o acto central, ao que está previsto que acudan representantes dos seis colectivos que se xuntaron para fundar a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar.

A Sinjladura das Culturas, o Enjalanamento das Fanequeiras e o Dansing in the City, con tres cabinas de música disco, completan o cartel.