A primeira gran proba será por mar

La Voz

BARBANZA

carmela queijeiro

Hoxe terá lugar a Rejata de Embarcasións Feitas á Machada

19 jul 2018 . Actualizado a las 13:23 h.

Hoxe • Peirao comercial de Ribeira • 21.00 horas • Onte quentaron motores con música e queimada, pero os dorneiros enfróntanse hoxe á primeira das grandes probas desta singradura número 70. Trátase da proba do Voo sen motor, que encherá os arredores do peirao comercial de Ribeira de singulares artefactos que tratarán de manterse no aire o máximo tempo posible antes de caer irremediablemente á auga.

 Esta é a actividade central desta segunda xornada da Festa da Dorna, pero non a única. De feito, os integrantes das diferentes peñas xa terán o seu primeiro contacto coa auga ás 17.30 horas. Será con motivo dunha nova edición dos Xojos de Mar. Lansamento de risón, travesía a nado, pau ensebado e saltos desde o paredón serán algunhas das probas que medirán a pericia dos atrevidos dorneiros.

O programa de hoxe complétase con música. Dominic Graham School of Irish Dance ofrecerá un concerto na Porta do Sol ás 22.00 horas e, pasadas as 23.00, collerá o relevo Son do Jalpón, que dará paso ao Ji-Jó dorniero, que situará sobre o escenario ás promesas locais do mundo da canción.

Mañá será outro día completo na cidade. O prato forte, a conmemoración do vixésimo quinto aniversario do primeiro encontro de embarcacións tradicionais.