Dores Torrado: «Somos a oposición real ao PP e a alternativa de cambio para o 2019»

A concelleira de Boiro Novo, Dores Torrado, acudiu onte ao programa Cita no Concello de Radio Voz Barbanza

.

Ribeira / La Voz

Para a concelleira de Boiro Novo, Dores Torrado, o verán chegou ao municipio «quentiño» pola polémica instalación duns depósitos de gas natural, unha situación á que se sumou o pleno ordinario de hoxe -20.00 horas-, «que o alcalde convocou incumprindo o prazo legal establecido». De todo isto falou onte no programa Cita no Concello de Radio Voz.

-¿Como está a xestionar o Concello o problema dos depósitos?

-Coma sempre. O habitual en Dieste é escapar, estar sempre fuxido dos problemas da xente, e paréceme que o Concello vai a ser cómplice da empresa á hora de darlle as costas a veciñanza.

-¿Houbo falta de información?

-O PP ten unha visión deturpada do que é a información pública, que non é ter o proxecto no despacho do concelleiro de Urbanismo para que os veciños vaian alí a velo. Exposición pública é telo accesible a todo o mundo a través de medios informáticos, e que todo aquel que sexa afectado poida velo e presentar alegacións. Agora acabou o período de presentalas e está en mans do Concello e da Xunta parar esta actuación.

-O novo club de remo de Cabo de Cruz parece que se retrasa.

-No último pleno extraordinario retiraron a metade do presuposto para este proxecto, que é algo que tamén nos preocupa, porque a estas alturas non se iniciou a licitación. No mellor dos casos, faríase a final de ano e non podería licitarse o proxecto completo. Esta concelleira non permitirá baixo ningún concepto que esa obra quede sen financiar. Faremos todo o posible, e senón no 2019 haberá eleccións municipais e contarán co noso apoio e implicación se chegamos ao goberno.

-¿Vese como alcaldesa?

-Nós temos as nosas expectativas. Somos a oposición real ao Partido Popular e a alternativa de cambio para o 2019. Desde o 2015 houbo tres citas electorais, e o espazo de confluencia que representan Boiro Novo e En Marea foi a segunda forza política máis votada.

-Habería que pactar.

-As posibilidades de acordo son totalmente viables, nós xa estamos acostumados a traballar en confluencia. Polo tanto, a capacidade de diálogo de Boiro Novo está totalmente aberta para defender á nosa veciñanza.

-¿Cre que o PP non repetirá a maioría absoluta en Boiro?

-Iso é seguro. Eu téñoo clarísimo, o PP vai perder a maioría absoluta en Boiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Dores Torrado: «Somos a oposición real ao PP e a alternativa de cambio para o 2019»