As RTV públicas


Un dos libros que máis influencia exerceu na miña vida foi unha biografía sobre Joseph Goebbels, ministro de Educación Popular e Propaganda, nomeado por Adolf Hitler cando acadou o poder en 1933. Un libro que lin, sendo adolescente, aló pola década dos 60. Para quen queira profundar sobre a aberración nazi pode atopar na rede os once principios da propaganda desenvolvidos por tal personaxe que aplicaba controlando tódolos medios de comunicación: radio, televisión, cine, literatura... que moitos consideran vixentes hoxe en día no que no argot xornalístico chaman fake news (noticias falsas).

Pois ben, se hai algo que me repugna especialmente é, cando chego a Galicia, escoitar a Radio Galega por dúas cuestións. Primeira, porque supón unha competencia desigual e desleal cos medios privados que viven da publicidade. E, segunda, por unha clara manipulación da realidade social galega, unha especie de folclorismo cutre, pagado cos impostos da cidadanía, que non debería permitir a Xunta. Como moito, a existencia da RTVG estaría xustificada para motivos didácticos divulgativos de interese xeral, tipo Labranza que, ademais abaratarían os custos da meirande parte da súa programación tipo Luar. Tamén cabe, en certo modo, o debate político baixo control da obxectividade e da pluralidade, pero pouco máis.

Realmente, en purismo democrático, debería camiñarse cara o desmantelamento de tódalas RTV públicas para dar paso ás privadas con garantías de igualdade, sexan grandes, medianas ou pequenas. O que non ten pés nin cabeza é a derradeira manipulación na renovación da RTVE.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

As RTV públicas